IniciosociedadeA polémica da Fundación Foggia sáldase en Monforte cun familiar que reclama...

A polémica da Fundación Foggia sáldase en Monforte cun familiar que reclama a herdanza

As sospeitas manifestadas polo Alcalde de Monforte no último Pleno ao respecto do futuro da Fundación Foggia, cumpríronse o 29 de abril, cando un familiar deu entrada no rexistro do concello a unha reclamación desa herdanza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte de Lemos lamenta “as declaracións irresponsables e irrespectuosas da sra. Concelleira e Voceira do Partido Popular, Dª Katy Varela, que como ven sendo costume, fai afirmacións dende o descoñecemento, o que a leva a incorrer en falsidades de xeito permanente”.

Refírense desde o equipo de goberno ás manifestacións da voceira popular cando en pleno acordábase deixar sen efecto a constitución da Fundación Foggia. Aseguran que o alcalde tiña razón cando manifestaba a posibilidade de que algún familiar lonxano da Sra. Foggia reclamase a herdanza, “aínda que non sabemos a ciencia certa si esta garda relación coa negativa do sr. Albacea de elevar a escritura pública a Fundación, tal e como fora aprobado polo en abril de 2022”.

O concello informa de que o día 29 de abril, 4 días despois da celebración do Pleno, tivo entrada no Rexistro do Concello de Monforte un escrito dun familiar “en cuarto grado de Lucrecia Foggia Vázquez”, no que aquel indica ó Concello que “manifiesto que si la ley lo permite y ante las discrepancias del Sr. Cela, albacea designado por mi prima con ese Concello, voy a reclamar la herencia que me pueda corresponder por medio de letrados que se designarán en su momento a partir del año 2026”.

“Á vista do que acontece, a Sra. Voceira do Partido Popular, Dª Katy Varela, debería pedir desculpas ós monfortinos e monfortinas e debería pedir perdón ó Sr. Secretario do Concello, polas acusacións que verteu contra a súa profesionalidade,” conclúen desde o concello.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...