HomesociedadeO albergue municipal de Folgoso do Courel mellora a súa eficiencia enerxética

O albergue municipal de Folgoso do Courel mellora a súa eficiencia enerxética

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este xoves as melloras levadas a cabo no albergue municipal de Folgoso do Courel coa colaboración da Xunta para optimizar a eficiencia enerxética e a climatización do edificio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras levadas a cabo ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) consistiron na eliminación das instalacións obsoletas de baixa eficiencia enerxética e de alto custo económico e a colocación dunhas instalacións de climatización axeitadas co obxectivo de acadar unha calidade térmica do ambiente nos distintos locais todo o ano, adaptada tanto ao frío do inverno como aos meses de calor.

A través do Fondo de Compensación Ambiental, a Xunta colabora cos concellos galegos na posta en marcha de proxectos destinados a evitar a degradación ambiental, na contratación de persoal e na adquisición de vehículos e maquinaria para a protección do medio ambiente, ademais de mellorar a rede de abastecemento de auga, de saneamento e do servizo de recollida de lixo, de levar a cabo actuacións de eficiencia enerxética e de emprego das enerxías renovables na luz pública, nas instalacións e edificios municipais e nos equipamentos de alta eficiencia enerxética. O FCA permite, ademais, colaborar cos concellos na compra de vehículos con distintivo ambiental Cero emisións ou Eco.

Nos últimos anos, a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Administración Local, colaborou na realización de importantes actuacións neste municipio, con axudas que superan os 760.000 euros. Entre outros proxectos levouse a cabo a mellora de infraestruturas rurais en Reibarba e no núcleo de Ferramulín, así como a rehabilitación da antiga escola de Visuña, a optimización enerxética das instalacións de luz pública, a modernización das redes de abastecemento e saneamento ou a pavimentación de camiños en lugares como Mercurín, Eiriz, Noceda, Souto da Carroza ou Carballal. As achegas permitiron, ademais, mellorar os parques infantís con novas instalacións para os pequenos do lugar.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...