HomesociedadeOs viños da D.O. Ribeira Sacra estarán presentes en Fenavin, Prowein e...

Os viños da D.O. Ribeira Sacra estarán presentes en Fenavin, Prowein e London Wine

Prómine Singular de Adegas Petrón como Mellor Tinto de Galicia 2021 estará no Túnel do Viño de Galicia que en Fenavin organiza AGACAL.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra participará en Fenavin, feira de referencia do viño español, que se celebra do 10 ao 12 de maio en Ciudad Real. A D.O. Ribeira Sacra estará presente no stand da Xunta de Galicia, Pavillón 1, Osiris. Nesta edición do certame estarán presentes, tamén, as seguintes adegas da D.O. Ribeira Sacra con stand propio:

  • Adega Ponte da Boga S.L.
  • Alma das Donas S.L.U.
  • Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U. Bodegas Gallegas.
  • EDV 2015 S.L.U.
  • Dominio do Bibei S.L.U.
  • Moure Fernández, Rubén. Finca Cuarta
  • Regina Viarum S.L. (HGA Bodegas)
  • Ronsel do Sil S.L.

A D.O. Ribeira Sacra estará representada no Túnel do Viño de Galicia que organiza AGACAL, Axencia Galega de Calidade Diferenciada, nesta ocasión cos viños premiados na Cata dos Viños de Galicia, co que estará Prómine Singular de Adegas Petrón como Mellor Tinto de Galicia 2021.

A seguinte cita coa promoción internacional será Prowein, a Feira de Düsseldorf celébrase do 15 ao 17 de maio. Unha oportunidade excelente para promocionar e dar a coñecer os viños da D.O. Ribeira Sacra no mercado internacional, onde cada vez son máis demandados e valorados. Nesta ocasión acudirán máis de 20 adegas da D.O. Ribeira Sacra con máis de 50 referencias.

Por segunda ocasión, a D.O. Ribeira Sacra acode á London Wine Fair e faino con ACRUAGA, Consellos Reguladores do Viño e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia a través do convenio co IGAPE para a promoción internacional dos viños e destilados amparados baixos os selos de calidade diferenciada de Galicia. Esta será a segunda acción conxunta, despois da desenvolvida este ano en Vinexpo. A London Wine Fair terá lugar entre o 7 e o 9 de xuño e a participación nesta feira contribuirá a consolidar as vendas das adegas da Denominación que xa exportan ao mercado anglosaxón e abre a posibilidade a outras adegas.

ÚLTIMAS

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...