HomesociedadeA 'caza do lixo' en Castro Caldelas

A ‘caza do lixo’ en Castro Caldelas

Cazadores da Terra de Caldelas e o Concello de Castro Caldelas levaron a cabo traballos de limpeza do monte o pasado sábado, 7 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras o éxito do pasado ano, nunha singular ‘batida’ na que o obxectivo a cazar era o lixo do monte da contorna, un grupo de Cazadores da Terra de Caldelas, en colaboración co concello, repetiron esta acción o sábado 7 de maio.

Nesta ‘Caza de lixo’ participaron cazadores cos seus vehículos e remolques recollendo diferente clase de lixo que previamente fora localizado nos montes do Concello de Castro Caldelas. Ao rematar os traballos enchéronse, con dez remolques dos vehículos participantes, máis de 3 contedores do Punto Limpo calculando arredor de dous mil quilos de lixo. Entre os obxectos recollidos había, por exemplo, bañeiras de ferro, sofás, caldeiros, persianas, carretillas, escaiola, uralita, plásticos, colchóns, potas, rodas… e así unha longa lista de obxectos de ferro, madeira e plástico.

Parte do lixo recollido. Foto: Concello de Castro Caldelas

A Alcaldesa, Sara Inés Vega, pronunciouse ao final da xornada: “quero trasladar o meu agradecemento ás personas que colaboraron, así como a Protección Civil do Concello polo traballo realizado”.

Estas II Xornadas de “Caza de lixo” que se celebraron en Castro Caldelas coa iniciativa de cazadores é un exemplo de respecto e axuda á sostenibilidade do medio natural e á paisaxe da contorna. En palabras de Sara Inés Vega, “a súa colaboración permítenos descubrir e localizar vertedoiros ilegais de difícil acceso así como a retirada deles ao Punto Limpio do Concello”.

Cazadores descargando lixo no Punto Limpo. Foto: Concello de Castro Caldelas

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...