HomesociedadeÁbrese o prazo para incribirse nas Xornadas de Portas Abertas na...

Ábrese o prazo para incribirse nas Xornadas de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra que se celebran do 3 ao 5 de xuño

Durante cinco fins de semana de maio e xuño celébranse as 11 Xornadas de Portas Abertas nas Rutas do Viño de Galicia. Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 3 e o 5 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a xornada de portas abertas contarase con visitas guiadas e gratuítas ás adegas: Adega Vella, Amedo, Bodega Ribada, Rectoral de Amandi, Casa Moreiras, Condado de Sequeiras, Ponte da Boga, Proencia, Ronsel do Sil, Val de Quiroga e Vía Romana. Ao finalizar as visitas ofreceranse degustacións de viños.

Nesa fin de semana contarase co Bus do Viño, con 4 saídas o sábado pola mañá, unha do Parque dos Condes de Monforte, dúas da Estación de Ferrocarril de Ourense e unha da Praza da Bretaña en Lugo. O día 5 haberá un Bus do Viño con saída de Monforte, outro desde a estación de ferrocarril de Ourense e outro desde a Praza de Bretaña en Lugo. A actividade ten un custo de 10 €/adult@ – 5 €/nen@ (de 3 a13 anos). O xantar non está incluído. As prazas son limitadas recomendando reserva previa na web da Ruta do Viño da Ribeira Sacra https://rutadelvinoribeirasacra.org/lista-actividades/es

Organízanse tamén cinco rutas:

  • Ruta entre oliveiras do Camiño de Inverno, con saída o día 4 ás 9:30 dende o aparcadoiro do Parque dos Condes de Monforte. O prezo é de 10 € / persoa con guía acompañante e transporte incluídos, para visitar viñedos da zona, unha almazara, a igrexa de San Salvador de Hospital e explotacións mineiras romanas, ademáis dunha adega. Contarase con xantar de produtos típicos con viños da D.O. Ribeira Sacra no Castelo de Torrenovaes.
  • Entre viños e pinchos, con saída o día 4 ás 17.00 do aparcadoiro do Parque dos Condes. A actividade, que ten un prezo de 10€/persoa, conta con guía acompañante e transporte incluídos para visitar dúas adegas participantes nas Xornadas. Inclúese tamén a degustación duns pinchos no restaurante O Grelo de Monforte de Lemos.
  • Coñecemos o Miño da Ribeira Sacra, con saída o día 4 ás 16:00 do aparcadoiro do Parque dos Condes. A actividade ten un prezo de 10€/persoa para facer unha ruta en lancha desde Pincelo ata a fervenza de Augacaída, visitarase tamén unha das adegas participantes con degustación de viños e produtos da zona.
  • Ruta do Románico de Chantada, con saída o día 5 ás 10:00 desde o IES Val do Asma de Chantada en vehículos particulares que seguen ao coche do guía. Actividade gratuíta para visitar as igrexas de Santa María de Pesqueiras, Santa María de Nogueira de Miño e San Salvador de Asma.
  • Ruta entre Sendeiros do Sil, con saída o día 5 ás 10:00 do aparcadoiro do Parque dos Condes de Monforte. O prezo é de 10 €/persoa con guía acompañante e trasporte incluídos para facer a ruta de sendeirismo PRG 213, a Ruta dos Bosques Máxicos de Castro Caldelas, 10 quilómetros de dificultade media-baixa. Visitarase Adega Vella para degustación de viños e pinchos.

Contarase con cata maridaxe de viños da Ribeira Sacra coa sommelier, Mercedes González. A cita no Centro do Viño da Ribeira Sacra o 3 de xuño a partir das 20:00. Para completar a programación nestas xornadas de portas abertas, os cativos terán tamén o seu espazo para obradoiros infantís que se desenvolverán o día 4 en horario de mañá en Chantada, tendo como escenarios a Praza de Galicia e a Casa da Música.

As 11 Xornadas de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra contan tamén con descontos nas visitas ao Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra e ao Ecomuseo de Arxeriz. Enoturismo Galicia ofrecerá as rutas guiadas en Segway.

Para participar nas actividades de rutas, viñobús, catas e obradoiros infantís é necesaria inscrición previa a través da web https://rutadelvinoribeirasacra.org/lista-actividades/es. Ábrese o prazo de inscrición este luns, 16 de maio, sendo necesaria unha inscrición por persoa. Para máis información rutavino@ribeirasacra.org e no teléfono 698 167 991.

ÚLTIMAS

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...