HomesociedadePalilleiras de Sarria e da Ribeira Sacra en Lugo

Palilleiras de Sarria e da Ribeira Sacra en Lugo

Unha xuntanza a nivel de Galicia reuniu este sábado, 21 de maio, a unhas 300 palilleiras na Praza de Abastos de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro achegouse este sábado pola mediodía á Xuntanza de Palilleiras e Multilabores PalillAD, un encontro ao redor do encaixe de palillos organizado polo Centro de Artesanía e Deseño e a Asociación Agulla Máxica, que reuniu unhas 300 palilleiras na Praza de Abastos de Lugo.

A propia celebración do evento, tras o parón da pandemia, animou a participación de colectivos de palilleiras de toda Galiza, desde distintas localidades das comarcas de Lugo, Sarria, A Mariña ou a Ribeira Sacra, ata Betanzos, Mos, Vigo,  Ponteareares, Vilanova, Valga, Cambados, Valdoviño, Oleiros, Arteixo, Ourense ou Porto do Son.

Palilleiras presentes na xuntanza palillAD. Foto: Prensa Vicepresindencia da Deputación de Lugo

Maite Ferreiro, que estivo acompañada por Felipe Rivas e Cristina López, saudou a celebración en Lugo deste encontro, que contribúe “a continuidade e a posta en valor do encaixe, unha técnica tradicional que se está en abrindo novos camiños no mundo do deseño, da moda ou da decoración”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...