HomesociedadeXornadas en Monforte o 24 de maio e o 3 de xuño...

Xornadas en Monforte o 24 de maio e o 3 de xuño sobre as axudas para turismo e comercio

A Xunta e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) desenvolverán en Monforte de Lemos unhas xornadas informativas sobre os apoios aos que poden optar as pemes dos sectores do turismo e o comercio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa enmárcase na programación da oficina Conecta Lugo, que recentemente puxeron en marcha ambas entidades de forma conxunta nun local do edificio da estación de autobuses de Monforte.

O obxectivo é achegarse aos emprendedores e empresarios da zona sur para ofrecer asesoramento personalizado, especialmente no que atinxe á innovación, co foco posto naquelas con potencial pero que aínda non deron o paso. Tamén se desenvolven actividades divulgativas, visitas a empresas e foros sectoriais.

Neste contexto, este martes día 24, ás 17 horas, a xefa da Área Provincial de Turismo da Xunta en Lugo, Paloma Vázquez, presentará as axudas e liñas de apoio orientadas á hostalería; e o venres 3 de xuño ás 16.00 horas, o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, informará dos apoios a este sector. Ambas citas terán lugar no salón de actos do Centro Cívico de Monforte.

Os técnicos do Conecta Lugo atenden a todas as persoas previa cita, que pode solicitarse a través do número de teléfono 621 346 812 ou no enderezo electrónico conectalugo@cel.es.

Asesoran sobre os programas de apoio e os recursos que pon a Xunta á disposición das pemes para que avancen en innovación e competitividade. Entre estes, préstamos directos do Igape, axudas á incorporación do deseño como ferramenta de innovación e sustentabilidade, subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética ou para accións de promoción exterior, todas elas convocatorias abertas actualmente.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...