HomesociedadeSetembro devolve a actividade ao Conservatorio e á Piscina Municipal de Monforte

Setembro devolve a actividade ao Conservatorio e á Piscina Municipal de Monforte

Publicado o

- Advertisement -

A Escola Municipal de Música e Danza do Concello de Monforte ten aberto o prazo para matricularse no curso 2018/19. Para inscribirse deben dirixirse á Secretaria do Edificio Multiusos, pola mañá de 10 a 13 horas, e durante a tarde de 17 a 19 horas. Tamén é posible facelo a través da sede electrónica.

Unha das novidades do vindeiro curso académico é que se volverán a impartir as clases de danza clásica e contemporánea.

O resto de especialidades ofertadas son:

MÚSICA

  • Música e movemento (nenos entre 4 e 5 anos)
  • Percusión (batería, percusión)
  • Percusión galega (pandeireta, tamboril, bombo, pandeiro)
  • Teclado
  • Acordeón
  • Guitarra española, guitarra eléctrica
  • Gaita, clarinete, frauta traveseira, saxofón
  • trompa, trompeta, trombón de varas, tuba

DANZA

  • Danza tradicional galega (a partir de 5 anos)
  • Danza contemporánea/ moderna (a partir de 9 anos)
  • Ballet clásico (a partir de 5 anos)

PISCINA MUNICIPAL

O xoves, 20 de setembro, ábrese o prazo para inscribirse nos cursos de natación na piscina municipal. Neste novo curso ofértanse 441 prazas en cursos de natación e actividades dirixidas, ás que se unen as 260 prazas que o Concello oferta dentro do programa Escolas Deportivas Municipais 2018-2019.

Os cursos de natación comezarán o 1 de outubro:

  • Bebés: de 6 meses a 3 anos
  • Infantil: de 4 a 5 anos
  • Nenos/as: de 6 a 12 anos
  • Xóvenes e adultos: a partir de 13 anos

O horario da piscina municipal é:

  • De luns a venres de 7:30 a 14 h.  e  de 15 a 23 h.
  • Sábados de 10 a 14:00 h.  e  de 18 a 22 h.
  • Domingos e festivos: de 10:30 a 14:30 h.

Máis información e inscricións nas instalacións da Piscina Climatizada Municipal (R/ Estrada de Sober s/n).  Tf. 982 40 38 09

 

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...