Homesociedade‘Encontro entre mulleres e palabras’ no Courel

‘Encontro entre mulleres e palabras’ no Courel

Actividade de convivencia nun encontro no que as mulleres serán as protagonistas das súas propias historias a través da palabra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa das Tecedeiras, en Vieiros, acollerá un encontro onde a sororidade estará presente, aplicando cuidados e autocuidados. Será os días 27, 28 e 29 de maio e teñen programadas diferentes actividades: haberá obradoiros con autoras recoñecidas, escoitaranse relatos de proxectos sorprendentes, haberá visionado de traballos cinematográficos e gozarase tamén dun concerto o sábado pola noite.

A inscrición, por un importe de 60 euros, inclúe aloxamento dos tres días así como as dietas. Aínda queda algunha praza e pódese reservar no teléfono 655823803 ou a través do correo electrónico mulleresepalabras@gmail.com

PARTICIPAN

Haberá obradoiros de Eva Mejuto, Carmen Granxeiro e Susana Sánchez Aríns; curtametraxes de Xisela Franco; actuación musical de ‘Fillas de Casandra”; presentación dos proxectos ‘A Libraría da Proencia’ de Paula Vázquez, ‘Outonía’ de Paula Carrera, e ‘A Sega’ de Aríns; e tamén haberá unha mostra de cerámica a cargo de Mare Salgado.

PROGRAMACIÓN

A chegada a estas xornadas de convivencia cultural nas que a muller é protagonista comezarán o venres 27 ás 19:00 h. momento no que se fará unha presentación breve da contorna. A partir das 20 h. proxección de curtas, cea e música no Patio da Tola.

O sábado 28 están programados obradoiros pola mañá e pola tarde cun breve paseo despois de xantar e como descanso antes da sesión de tarde. Trala cea actuación musical de ‘Fillas de Cassandra’ ás 22:30 h.

O domingo 29, como peche do encontro, faranse as presentación dos proxectos de varias emprendedoras e unha mostra da obra da ceramista Mare Salgado. Isto pola mañá, e despois de xantar un paseo para coñecer a fervenza de Vieiros antes da despedida.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...