HomesociedadeDespois de quedada de motos o Cume Tapas Erótico celebra xornada sobre...

Despois de quedada de motos o Cume Tapas Erótico celebra xornada sobre diversidade

Monforte de Lemos atópase en plena celebración do Cume Tapas Erótico, dedicado ao amor e á diversidade de xénero. O programa deste xoves propón unha xornada sobre a diversidade que terá lugar no Ateneo Casino, ás 20.15 da tarde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xornada, que leva por título E se falamos de laranxas? Amor romántico, diversidade e liberdade, terá lugar este xoves, 2 de xuño, ás 20:15 h, no Ateneo Casino, de Monforte de Lemos. Será impartida por Verónica Ledo e Natalia González, da cooperativa galega Educalecrín.

E este venres, día 3 de Xuño, a partir das 20.15 h organízase tamén no Ateneo Casino a presentación e firma de exemplares da nova edición actualizada da “Guía da Ribeira Sacra”, de Manuel Garrido, editada por Edicións Xerais de Galicia. Este acto está organizado pola Libraría Agrasar.

En canto ao programa de actividades do Cume Tapas, organizado pola Asociación de Empresarios de Hostalería de Turismo de Lugo (Apehl), despois do encontro sobre diversidade, ofrecerá un concerto de Andrés Montes, o domingo, 5 de xuño. A cita ás 19.00 no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...