HomesociedadeFolgoso do Courel promociónase na Semana Verde e comeza en xullo o...

Folgoso do Courel promociónase na Semana Verde e comeza en xullo o programa “Coidados Porta a Porta”

O Concello de Folgoso de Courel promociónase cun stand propio ata o vindeiro 5 de xuño na Semana Verde de Galicia. E o programa 'Coidados Porta a Porta' visitará o Concello de Folgoso do Courel os días 4, 5 e 6 de xullo. As persoas interesadas poden pedir cita previa chamando aos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992 ou enviando un correo electrónico a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Folgoso de Courel promociónase na Semana Verde de Galicia. A técnica municipal de turismo, Ana Marta Arza, atende aos visitantes. Xunto con outros compañeiros, facilita información e entrega diverso material turístico para que toda a xente que visite Silleda estes días se achegue ao Concello e coñeza o Xeoparque Montañas do Courel.

E o concello retoma o programa “Coidados Porta a Porta, que xa tivo unha fase experimental en 2019 na que participaron 20 concellos. O programa consiste na habilitacións de oito autobuses que se encargan de percorrer as zonais rurais para ofrecer os coidados médicos de proximidade a persoas maiores de 55 anos.

Trátase dun servizo formado por unidades móbiles nas que os maiores de 55 anos acceden gratuitamente a servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria para aquelas persoas que residen en zonas rurais e non teñen facilidades de acceso a este tipo de prestacións. Os recursos que ofrecen as unidades móbiles van rotando polos diferentes concellos de Galicia con estadías de varios días en cada un deles.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...