HomesociedadeQueres participar no Mercado Circular da Pobra do Brollón?

Queres participar no Mercado Circular da Pobra do Brollón?

O Mercado Circular é unha nova iniciativa do Concello da Pobra do Brollón para apoiar a economía local, xusta e sostible. Ponse en marcha en xuño coincidindo coas dúas feiras do 11 e do 25 e búscanse persoas que queiran participar.

Publicado o

POR
Redaccion
- Advertisement -

A proposta está aberta a calquera persoa que queira vender algo da súa propia colleita: produtos da horta, conservas, mel, viño, artesanía… Tamén roupa ou obxectos de segunda man.

O espazo habilitarase de 11:00 a 14:00 horas na renovada Rúa da Peza, no centro da Pobra do Brollón. Haberá animación musical ao longo da mañá.

A participación é gratuíta. O Concello dispón dun número limitado de postos. Unha vez repartidos, os participantes deberán dispor das súas propias mesas ou postos. As persoas interesadas deben contactar no teléfono 650 624 828.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...