HomesociedadeComeza a limpeza da lagoa do Parque dos Condes

Comeza a limpeza da lagoa do Parque dos Condes

As brigadas municipais do Concello iniciaron este luns 6 de xuño os traballos de limpeza e acondicionamento da lagoa do Parque dos Condes. Nesta labor de limpeza contan co apoio da empresa Excavaciones y Transportes Ayán S.L.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A limpeza da lagoa do Parque dos Condes é levada a cabo, ano a ano, dende que José Tomé Roca chegou ó goberno de Monforte. Neste senso, este foi e é un dos seus compromisos para manter en bo estado esta zona da cidade. “A chegada de visitantes, co inicio dos meses de verán e a ubicación privilexiada da Lagoa, no centro da cidade e integrada nun dos parques máis utilizados polos monfortinos e monfortinas, fai máis que necesaria a súa limpeza, que dende o Concello levamos a cabo ano a ano por estas datas”, indica o rexedor municipal.

Así o Concello procede coa que é a oitava limpeza que se desenvolve na Lagoa dos Condes dende a chegada ó goberno do equipo encabezado por Tomé Roca.

Para desenvolver ditos traballos, emprégase unha bomba cuxo aluguer ascende a 300 euros, mentres que o custe dos traballos da empresa contratada ascenden a aproximadamente 5.000 euros.

 “A lagoa é un dos espazos máis emblemáticos da nosa cidade. Co Parque dos Condes ó seu redor trátase dunha das zonas que atrae un maior número de visitantes e tamén é un dos lugares máis frecuentados polos veciños e veciñas para dar paseos”, destaca o Alcalde. Complementando os traballos de limpeza da lagoa, operarios municipais procederán tamén a  desbrozar a súa contorna.

ÚLTIMAS

3000 prazas para o Coñece a túa provincia que abre prazo do 12 ao 16 de xaneiro

Nesta edición, o programa ofrecerá 3.036 prazas e contará cun orzamento de máis de...

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...

Os Polos de Emprendemento da provincia asesoran a 1.100 proxectos e crean 90 empresas

Esta iniciativa da Xunta de Galicia, despregada progresivamente desde xullo de 2022, ofrece asesoramento...