HomesociedadeA Cruz Vermella informa ás persoas refuxiadas de Ucraína e reforesta o...

A Cruz Vermella informa ás persoas refuxiadas de Ucraína e reforesta o monte Toca

A Cruz Vermella engade ás súas actividades habituais estas dúas propostas que desenvolven na actualidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante esta semana e ata o xoves, 9 de maio, a cruz vermella de Monforte conta con autobús informativo na praza da Compañía. Presta servizo de atención e asesoramento en horario de 10 a 14 horas.

E a Asociación Galega de Custodia do Territorio, o Monte Veciñal Mancomún de Toca no concello de Samos e a Cruz Vermella veñen de asinar un convenio co obxectivo de levar a cabo a reforestación de 8 hectáreas de monte.

Comezando con este proxecto de reforestación, “queremos transformar a nosa pegada de carbono nun legado positivo, colaborando en poñer en valor o monte galego como un axente único, dinamizador e diferencial do noso territorio,” aseguran desde a Cruz Vermella.

Reforestación Monte Toca / Cruz Vermella

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...