HomesociedadeA AV do Saviñao denuncia recentes plantacións masivas de eucalipto no municipio

A AV do Saviñao denuncia recentes plantacións masivas de eucalipto no municipio

A Asociación Veciñal do Saviñao denuncia á Dirección Xeral de Xestión Forestal da Consellería de Medio Rural por dúas prantacións recentes de eucalipto no municipio do Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha das prantacións está próxima a Curveixe na parroquia de Santa Mariña de Rosende de 2,118 Has., e outra na Albariza e A Armada na parroquia da Broza de 7,985 Has.

Denúnciase que ditas prantacións teñen un e dous anos, polo que foron realizadas despois da moratoria aprobada pola Xunta contra a proliferación do eucalipto na comunidade.

Dada a proliferación de prantacións ilegais de eucalipto nos concellos do sur de Lugo, maila pertencer á VIII área forestal onde non está recomendada esta especie por Decreto da Xunta de decembro do 2016, a asociación veciñal manifesta a clara oposición á proliferación desta especie.

Os argumentos que avalan o rexeite do eucalipto, segundo a asociación, son:

  • Tratarse dunha especie foránea que traería en consecuencia a modificación da paisaxe e da natureza, destrozando os nichos biolóxicos de flora e fauna e alterando os cultivos forestais tradicionais.
  • Ser una especie invasora de moi rápida expansión e colonización do territorio.
  • Tratarse dunha especie pirófita que acelera a extensión dos incendios.
  • Contribúe a desecación do chan e das augas soterradas, causando o empobrezemento acelerado do solo e contribuíndo á aceleración do cambio climático.

Consideran que na zona sur de Lugo existen moitas especies de árbores autóctonas e tradicionais que deberían potenciarse dada a súa adaptación e integración, e tamén pola maior rendibilidade económica potencial: carballo, castiñeiro, nogueira, bidueiro, abelaira, frutais ( mazaira, pereira, membrilleira, érbedeira, etc ).

Con estes argumentos a asociación continuará denunciando este tipo de prantacións no municipio por considerar que o benestar xeral e o interese medio ambiental da sociedade do Saviñao debe prevalecer sobre o beneficio económico dos intereses paticulares.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...