Homesociedade'Ofigochorréame', petisco gañador do Cume Tapas Erótico

‘Ofigochorréame’, petisco gañador do Cume Tapas Erótico

A creación gastronómica foi autoría do bar monfortino Adega de Carlos. O certame gastronómico deste ano non contaba con xurado profesional, co cal o premio á mellor tapa foi outorgado polos propios seguidores.

Publicado o

- Advertisement -

Os seguidores do Cume Tapas Erótico outorgáronlle a vitoria á tapa “Ofigochorréame” presentada polo establecemento Adega de Carlos. Así o anunciou este pasado xoves, 8 de xuño, a delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) despois de concluír o reconto de votos.

A segunda tapa máis votada foi a do bar MC, denominada “Goza do Rabo”, e o terceiro posto foi para Confitería Moure, con “Volaván Ardente”.

Durante o acto, tamén se fixo o sorteo de regalos e viaxes entre todos os cupóns de votación e os trípticos selados nos locais participantes. Este xoves 9 de xuño farase pública a relación de agraciados.

A delegación da Apehl informa que se poñerá en contacto con todos eles a través dos teléfonos facilitados e que a entrega de premios terá luga nun acto a celebrar en agosto, nunha data aínda por determinar.

REMATE DO CUME TAPAS 2022

O Cume Tapas Erótico, así se bautizou este ano, presentouse cunha temática atrevida e cunha intención: ‘chiscarlle un ollo ao amor e á diversidade sexual’. Tras dúas semanas nas que se puideron degustar as 8 creacións gastronómicas en outros tantos establacementos participantes, o concurso remataba o pasado domingo, 5 de xuño, cun concerto de Andrés Montes no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

Concerto Andrés Montes. Foto: Beatriz Vila

ÚLTIMAS

A comezos do 2026 comeza a funcionar a cociña da Galiña Azul de Chantada

A Galiña Azul do Concello de Chantada forma parte desde o 2008 do Consorcio...

PP e BNG desmontan a fonte de Tomé no Parque dos Condes

A voceira do popular, Katy Varela, amosou o seu desacordo co anuncio de Tomé...

Fin de semana de Máster de Futbolín de Sarria

A directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participou...

Opinión: Noite de Ánimas ou Noite dos Defuntos

A partires das 24:00 h. estaremos xa no mes de novembro, mes denominado como...