Iniciosociedade14 viños da D.O. Ribeira Sacra nos Decanter World Wine Awards

14 viños da D.O. Ribeira Sacra nos Decanter World Wine Awards

En febreiro de 2020 a D.O. Ribeira Sacra acudía por primeira vez a Decanter, facíao na área “Wines from Galicia”, a través do IGAPE. Este ano os viños da D.O. Ribeira Sacra volveron estar presentes obtendo grandes resultados nos premios Decanter World Wine Awards, outorgados polos mellores expertos en viño de todo o mundo; o que fai que os premios gocen da confianza internacional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dos 14 viños recoñecidos por Decanter na D.O. Ribeira Sacra obtén a maior puntuación, Vacamulo (2017) de Don Bernardino S.L., 97 puntos que lle dan un recoñecemento Platinum, dos 3 que recibiron os viños con denominacións de orixe galegas. Recibe un ouro con 95 puntos, Melanio (2017) de adegas Don Bernardino. 9 pratas son para:

  • Ruxe Ruxe Mencía (2019) de Tolo do Xisto
  • Regina Viarum Mencía (2021) de Regina Viarum
  • Don Bernardino  (2020) de Don Bernardino
  • Finca Mezquita (2016) de Don Bernardino
  • Rectoral de Amandi Mencía (2021) de Rectoral de Amandi
  • Finca Cuarta (2021) de Rubén Moure Fernández
  • Finca Ladeira (2021) de Rubén Moure
  • A Costa (2019) de Rubén Moure Fernández
  • Capricho de Godello (2020) de Adega Ponte Da Boga

E reciben bronce:

  • Tx Os Coventos (2019) de Tolo do Xisto
  • Ibio (2017) de Don Bernardino S.L.
  • Matilda Nieves Mencía (2021) de Rectoral de Amandi

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...