HomesociedadeIsabel Rodríguez: "Os novos investimentos do Goberno para modernizar o ferrocarril saldan...

Isabel Rodríguez: “Os novos investimentos do Goberno para modernizar o ferrocarril saldan unha débeda histórica coa provincia”

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, anuncia novos investimentos do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para actuacións de Adif dirixidas á modernización do ferrocarril "atendendo así o compromiso decidido que asumiu este Goberno coa provincia, saldando unha débeda histórica e que se traduce nunha inxección económica de 545 millóns de euros para conectar a Lugo co AVE ".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada anunciou que Adif xa formalizou o contrato, por importe de 23,8 millóns de euros, para executar obras correspondentes ao proxecto de renovación de vía do treito Ourense-Monforte de Lemos e acaba de sacar a licitación, ademais, a execución de obras dos proxectos para a supresión de catro pasos a nivel da liña León-A Coruña que están situados no concello de Lugo.

Isabel Rodríguez destacou o pulo que lle está a dar o Ministerio de Transportes á mellora das comunicacións por ferrocarril na provincia de Lugo e lembrou que, a principios deste mes, Adif adxudicou en 23 millóns de euros outro proxecto para a mellora da infraestrutura en máis de 10 km do treito Ourense-Monforte de Lemos. Nese caso, o contrato comprende o tratamento de 8 túneles, 12 pontes, un terraplén e 25 desmontes entre os puntos quilométricos 9/0059 e 19/798 da liña Monforte de Lemos-Vigo (treito Ourense-Monforte).

Renovación 46 quilómetros de vía

O contrato que acaba de formalizar Adif, adxudicado en 28.875.777 euros, é para unha actuación de renovación de 46 quilómetros da vía. Suporá a renovación de distintos elementos como o balasto e as travesas de formigón, ademais de substituír os desvíos por outros máis evolucionados e o carril existente por outro de mellores prestacións. Para executar estas obras, que teñen un prazo de execución de 23 meses, habilitase como base principal de acopio de materiais un punto no Porto Seco de Monforte de Lemos. Ademais haberá unha segunda zona de acopio, con descarreiro de balasto en Ourense e outros puntos de menos tamaño ao longo do percorrido. 

ÚLTIMAS

Sacrapastas recibe o selo de Galicia Calidade para os seus produtos

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a xerente de Galicia...

O BNG inicia unha campaña de reivindicación do arranxo integral da N-540

O BNG inicia unha campaña de denuncia e reivindicación permanente do arranxo integral da...

A XXI Feira Medieval de Monforte presenta cartel e vídeo promocional

Monforte presenta a campaña promocional da vinteunha edición da Feira Medieval de Monforte, que...

Quiroga acolle o 5 e 6 de abril unhas xornadas formativas para para pilotos de parapente

Os vindeiros 5 e 6 de abril, a localidade de Quiroga converterase no epicentro...