HomesociedadeNace a Federación de Asociacións da Ribeira Sacra con 50 colectivos inscritos

Nace a Federación de Asociacións da Ribeira Sacra con 50 colectivos inscritos

O pasado sábado, 11 de xuño, constituíuse no castelo de Castro Caldelas a Federación de Asociacións da Ribeira Sacra. Máis de 50 entidades veciñais, culturais, comunidades de montes e outros colectivos decidiron por unanimidade unirse na federación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co propósito de ser a voz dos habitantes do territorio da Ribeira Sacra, a Federación propúxose levar a voz e opinión aos espazos de decisión que lles afectan. Entre eles están a mesa da Reserva da Biosfera, Rede Natura, a Candidatura da Ribeira Sacra á UNESCO, Consorcio de Turismo de Ribeira SAcra ou os GDR.

Entre os documentos aprobados está unha declaración pública de principios que se resumen en cinco puntos: patrimonio (in)material-lingua, territorio-paisaxe, participación, benestar-igualdade e un rural vivo. Estas liñas básicas, que se desenvolverán en mesas de traballo co fin de nutrir de iniciatvas á Federación, presentáronse como os puntos básicos que unan ao tecido organizado na Ribeira Sacra. Os promotores cren que se sumarán máis colectivos xa que hai outro medio cento de asociacións pendentes de ratificar a súa participación logo de levar ás súas respectivas asembleas a proposta. 

A Federación cre así que a Administración está obrigada a escoitalos porque “xa non se trata dun colectivo individual dun concello concreto; aquí traemos a voz e a representación de numerosos colectivos con actividades e iniciaticas coas cales contribuír a unha mellora da vida no territorio”. Ademais, agardan que a Administración entenda a necesidade de que o pobo participe e opine sobre diversas cuestións que condicionan e condicionarán a súa vida. Poñen o exemplo da compatibilidade da lexislación emanada dos recoñecementos naturais e da posible da UNESCO coa actividade tradicional nas ribeiras, na xestión no monte ou no sector primario.

Federación de Asociacións da Ribeira Sacra

A nova directiva escollida por unanimidade, intégrana a presidenta Natalia Figueiras (Salvemos Rochas, do concello de Esgos), o vicepresidente Alfonso Campos (da asocaición Proencia, de Sober), o secretario Lucas Vázquez (de Segredos de Pantón), o tesoureiro Xurxo Martínez González (da Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur, A Pobra do Brollón), e os vogais Antón Fente (Chantada), Alexandre Varela (Taboada), Mercedes Martínez (A Teixeira), José (Castro Caldelas) e Lorena Álvarez (Pantón).

A Federación quere comezar a preparar un calendario de accións para a volta do verán e responder así ás expectativas creadas en numerosas parroquias da Ribeira Sacra. “Queremos interconectar ao movemento de base, coñecernos e compartir experiencias que sexan aproveitables para outras parroquias. Hai moitos traballos que son un exemplo. Queremos dalos a coñecer e potenciar este movemento cidadá na liña dos fins aprobados en Castro Caldelas”.

ÚLTIMAS

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...

Un novo cineclub en Monforte reforzará a oferta audiovisual e cultural da cidade

As proxeccións terán lugar todos os venres ás 20.00h no Ateneo Casino de Monforte...

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...