IniciosociedadeComeza en Monforte o curso de verán da USC “Cultura, Cultivo e...

Comeza en Monforte o curso de verán da USC “Cultura, Cultivo e Culto: A Ribeira Sacra”

O curso organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración coa Deputación de Lugo e o propio Concello Monfortino desenvolverase ata o 17 de xuño no centro cívico de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa deste Curso de Verán da USC está composto por charlas e sesións lúdico-formativas a cargo de docentes, investigadores e profesionais de diversas áreas como son a cultura tradicional, a conservación do patrimonio etnográfico e arqueolóxico, a paisaxe, a gastronomía e a viticultura.

Ademais das charlas formativas, tamén está previsto a realización dunha viaxe pola Ribeira Sacra, que incluirá unha viaxe en catamarán dende Belesar, a visita a Adegas Lareu e ó Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil

No acto inaugural, celebrado no salón de actos do Centro Cívico, a 1ª Tenente de Alcalde , Gloria Prada, estivo acompañada pola directora deste curso de verán, María Esther Olveira Olveira, e os alcaldes de Sober e Ferreira de Pantón. A representante municipal salientou que “a temática arredor da que xira este curso fai que teña todo o sentido a súa celebración na nosa cidade, porque Monforte é a capital da Ribeira Sacra, que como todos saben xa é Reserva da Biosfera e aspira a ser Patrimonio da Humanidade pola UNESCO”.

A 1ª Tenente de Alcalde recordou que Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra son actualmente un dos destinos turísticos máis solicitados de Galicia, “o que dá boa mostra do noso potencial e do actual incremento da afluencia turística que estamos tendo nos últimos anos. Proba diso, é que a Ribeira Sacra ocupa o primeiro posto no ranking dos 10 lugares únicos en Galicia”.

Finalmente, Gloria Prada desexou ós asistentes que “os que non coñezan a Ribeira Sacra, espero que a descubran, non só grazas ó completo e variado programa teórico que conforma estas xornadas, senón tamén a través das viaxes formativas que levarán a cabo estes días.”

.

ÚLTIMAS

‘Volta ao xogo’: o novo single dos chantadinos TIAM Gz

Tras dous anos sen sacar temas, neste 2024 a banda de Chantada TIAM Gz...

Curso de ‘alquimia herbal’ en Torbeo, Ribas de Sil

Os e as amantes das plantas, e do seu poder medicinal, teñen a vindeira...

Rebaixan a pena dun veciño de Monforte condenado por violación

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo rebaixou, en aplicación da lei do...

O IES Río Cabe no centro da cultura financieira

Durante a xornada contouse coa visita da directora xeral de Ordenación e Innovación educativa,...