HomesociedadeNova caseta de servizos para o embarcadoiro do río Cabe no Parque...

Nova caseta de servizos para o embarcadoiro do río Cabe no Parque dos Condes

Inícianse os traballos de construción dunha nova estrutura que servirá para dar servizo ó embarcadoiro do río Cabe e que se situará á beira do pantalán do Parque dos Condes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Trátase dunha caseta construída en madeira, de dimensións 4×3 metros, e conta cun investimento de 5.587,18 euros. Esta nova construción substitúe á anterior caseta, que estaba en mal estado, motivo polo cal dende o Equipo de Goberno se decidiu substituir por unha totalmente nova.

“Trala renovación o pasado ano do pantalán deste embarcadoiro do Parque dos Condes, no que levamos a cabo un investimento de 20.000 euros, e que supuxo a substitución das táboas de madeira e dos flotadores de dito pantalán, agora acometemos a construción dunha nova caseta para dar servizo a esta zona do río, e substituír á anterior que se atopaba en mal estado”.

A súa finalidade será reforzar a actividade que o Concello desenvolve durante os meses de verán en relación cos Paseos en barca polo río Cabe, así coma outras necesidades que poidan xurdir ó longo de todo o ano nesta zona do Parque dos Condes. A nova construción servirá como taquilla para a venta de entradas dos paseos en barca, e tamén será utilizada como almacén para gardar os chalecos, remos e outros elementos de seguridade das barcas, así como o material utilizado para a limpeza das mesmas.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...