HomesociedadeA Deputación adxudica a explotación do Club Náutico Ponte de Sil

A Deputación adxudica a explotación do Club Náutico Ponte de Sil

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo acordou este venres a adxudicación da explotación do Club Náutico de Ponte do Sil, en Monforte de Lemos. A concesión faise por dous anos, con posibilidade de dúas prórrogas anuais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os adxudicatarios poderán facer uso das instalacións tras depositar unha cantidade económica como garantía e asinar un acordo para formalizar obrigas, polo que se espera que en pouco tempo o servizo estea en funcionamento. O prezo é de 502,50€ ao mes, é dicir, 6.030€ ao ano.

“Con este concurso público a Deputación non busca obter unha renda económica, senón unha rendibilidade social e turística. O que queremos é promover o uso e manter activas estas dependencias provinciais para que sexan aproveitadas pola cidadanía. Somos conscientes de que, tanto o Mazo de Santa Comba, como o Club Náutico de Ponte do Sil están situados en enclaves turísticos atractivos e en auxe, e dende logo, temos claro que o seu funcionamento enriquece a oferta turística da provincia, o que terá un impacto positivo para a economía e o emprego”, explica Pilar García Porto.

Precisamente por este motivo, avanzou, a Deputación volverá a iniciar un procedemento administrativo para adxudicar a explotación das instalacións do Club Náutico de Portomarín, logo de que o concurso público que se convocou quedase deserto porque non se presentou ningunha oferta.

Axudas Reservas da Biosfera

A Xunta de Goberno aprobou tamén, de maneira provisional, a relación de asociacións beneficiarias da liña de axudas que convocou a Deputación de Lugo por un importe total de 83.000€ para impulsar o territorio das Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, xestionadas pola institución provincial.

Resultaron adxudicatarias destas subvencións un total de 27 entidades asociativas: 16 da Reserva Terras do Miño, e 11 da Reserva dos Ancares Lucense

ÚLTIMAS

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...