HomesociedadeQuiroga contra Movistar

Quiroga contra Movistar

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, amosa o seu malestar contra a empresa de telefonía móbil Movistar, polo "nefasto servizo" que vén ofrecendo nos últimos meses. Asegura que, mínimo unha vez á semana non hai rede móbil, "é algo que non se pode consentir, facernos sentir como en tempos de posguerra”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Julio Álvarez considera que non se pode permitir que esta operadora tivese ao municipio durante case 24 horas sen servizo. Durante esta xornada, os servizos básicos do municipio, bancos, servizos de urxencias, administracións, farmacias e empresas particulares, foron privados a desenvolver as súas actividades.

O rexedor local anunciou que tomará todas as medidas legais oportunas contra esta compañía por este “nefasto servizo” e anima aos usuarios a facer denuncia conxunta contra a compañía Movistar e buscar outras alternativas, cambiando o contrato a outras compañías.

Julio Álvarez afirma que “é inconcibible que despois de tanto tempo unha das compañías de telefonía máis importantes do país non sexa capaz de solucionar os seus problemas de cobertura e que a veciñanza teña que sufrir continuamente cortes nun servizo que paga.”

O rexedor local convida á veciñanza deste municipio e á dos concellos limítrofes a participar nunha concentración o próximo luns, día 20, as 13:15 horas diante da casa do Concello de Quiroga para amosar o desacordo con Movistar.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...