HomesociedadeCurso sobre benestar animal no transporte, a partir do 24 de xuño...

Curso sobre benestar animal no transporte, a partir do 24 de xuño en Monforte

O curso terá lugar do 24 de xuño ao 4 de xullo, cunha duración total de 20 horas, e levarase a cabo no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Axencia Galega da Calidade Alimenaria, dependente da Consellería do Medio Rural, celebra un curso de formación profesional e adquisición de nocións básicas en benestar animal no transporte. Impartida no Centro de Formación e Experimentación Agraria, esta acción formativa terá lugar do 24 de xuño ao 4 de xullo cunha duración de 20 horas que se levarán a cabo cun horario desde as 16:00 ata 20:00 horas.

O obxectivo do taller é conseguir un persoal formado no desenvolvemento do transporte de animais. Abordaranse aspectos tanto teóricos coma prácticos no relativo ao benestar animal. Esta iniciativa está dirixida ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira. Así mesmo, o taller tamén pretende ofrecer unha oportunidade laboral á xuventude do medio rural galego.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, pretende con este curso que os profesionais do sector teñan unha actualización dos seus coñecementos sobre benestar animal e a normativa vixente. Ademais, o obradoiro tamén pretender formar aos traballadores para o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional no transporte de animais.

Nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103,  ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.es

ÚLTIMAS

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...