HomesociedadePremiados do Concurso de Poesía Florencio Delgado Gurriarán en Bóveda

Premiados do Concurso de Poesía Florencio Delgado Gurriarán en Bóveda

O Concello de Bóveda fai públicos os premiados e premiadas no II Concurso de Poesía homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xurado deste certame estivo formado por: Noa Moreira García, escritora. Mónica Sánchez Rodríguez, escritora. Mª del Rocío Rodríguez López, editora e libreira e Cristina Juíz López, concelleira de Cultura.

Os premiados son os que seguen:

  • 1ª Premio categoría de adultos: Roberto López Veiga, pseudónimo Kerkus co poema ‘Quedamos sen moscas’.
  • 2º Premio categoría de adultos: Xosé Casar, pseudónimo Debrisa co poema ‘Ao Volver’.
  • Premio categoría Infantil A: Alba López Rubio, pseudónimo A muiñeiriña co poema ‘O corzo da Serra de Penas’.
  • Premio categoría Infantil B: queda deserto por non presentarse ninguén nesta categoría.
  • Premio categoría Infantil C: Laura Gómez Grande, pseudónimo A dama das letras co poema ‘A miña terra’.

O xurado tamén decide facer unha selección de poemas de maior calidade, como recolle a base n.º 10, non premiados, para unha posterior edición ou publicación dos seguintes poemas:

  • Categoría Infantil A: Manuel Martínez Longueira co poema ‘A natureza’, Martín Hernández Vidal co poema ‘A terra’, Gonzalo Martín Pinto dos Santos co poema ‘A natureza’, Carlota López López co poema ‘A horta’, Iris Arias Rodríguez co poema ‘As caídas no bosque’, Manu García Castro co poema ‘As árbores’.
  • Categoría Adultos: David José López López pesudónimo Kveldulf co poema ‘Soa’ e M.ª Luz Díaz Grandas pseudónimo Rosa del Alba co poema ‘Noite enmeigada’.

A concelleira de Cultura, Cristina Juíz, agradeceu ás tres integrantes do xurado a súa participación desinteresada neste certame, “e tamén a todos e todas os que participaron neste certame, en especial ao CEIP Rosalía de Castro e á Residencia para persoas con Diversidade Funcional Domus Vi.”

Os gañadores e gañadoras recibirán os seus diplomas e un premio dun lote de libros de diferentes importes en datas próximas. Os seus traballos tamén serán publicados no Facebook do Concello de Bóveda.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...