HomesociedadeOs visitantes da Ribeira Sacra nas pontes escollen Turismo Rural

Os visitantes da Ribeira Sacra nas pontes escollen Turismo Rural

A pasada ponte de San Xoán, festivo en Galicia, Cataluña e Comunidade Valenciana, rematou cun 73% das prazas de aloxamento ocupadas (datos provisionais do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta ponte, as casas de turismo rural superaron por primeira vez en meses á ocupación dos hoteis de 4 e 3 estrelas. “O turismo rural foi a tipoloxía preferida polos viaxeiros durante as últimas pontes analizadas do 2021 e do que vai de ano 2022”, sinalan desde o Consorcio de Turismo. Os datos provisionais arroxan nesta ponte de San Xoán unha ocupación do 76% nos hoteis de 4 e 3 estrelas, en Turismo rural do 89%, Vivendas turísticas e de uso turístico do 44% e do 84% outros aloxamentos.

No mes de xuño a ocupación é do 50%. Nos Hoteis 4 e 3* do 71% , Turismo rural do 28%, Vivendas turísticas e de uso turístico do 28% e do 73% noutros aloxamentos. Nas fins de semana de xuño conseguise acadar case un 70% de ocupación, mentres que nos días laborais a porcentaxe media é dun 38%.

As previsións para xullo son dunha ocupación do 56%. Nos Hoteis 4 e 3* do 70%, en Turismo rural do 37%, nas Vivendas turísticas e de uso turístico do 42% do 76% noutros aloxamentos. As previsións para as fins de semana de xullo son dun 68% de ocupación media. 

ÚLTIMAS

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...