Homesociedade200.000€ da Deputación para a mellora dos accesos e o abastecemento de...

200.000€ da Deputación para a mellora dos accesos e o abastecemento de 10 núcleos rurais en Samos

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou no Pazo de San Marcos co Alcalde de Samos, Julio Gallego Moure, un convenio de colaboración a través do que a institución provincial destina 205.000€ para financiar integramente diversas actuacións de mellora dos accesos, pavimentación de vías públicas e abastecemento de auga en dez núcleos de poboación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Grazas á aportación económica da institución provincial, vaise renovar a pavimentación dos núcleos de Bustofrío, Lastres e Outonín. Tamén se van pavimentar un conxunto de vías municipais: o que une Veiga e Sivil, o que vai de Lulle a San Román, e o que dá acceso a Gosende. Con esta axuda da Deputación, así mesmo, está previsto realizar obras de mantemento e de mellora da traída municipal de augas aos núcleos de Vilaceite e Lamartín. Para todas estas obras é preciso realizar a redacción, a dirección e o plan de seguridade e saúde, que tamén financia a institución provincial.

As dúas administracións consideran moi importante realizar estas actuacións debido ao desgaste que presenta o firme en todas estas estradas municipais, que ademais presentan anchuras irregulares que imposibilitan que os vehículos poidan circular con normalidade.

O Presidente da Deputación destaca neste sentido a importancia destes traballos, que beneficiarán a numerosos veciños e veciñas do rural de Samos, que cada día usan estas estradas para desprazarse aos seus lugares de traballo ou para as súas xestións diarias.

Con colaboracións como esta de Samos, explicou o Presidente, “estamos demostrando que a Deputación é unha administración fundamental para o funcionamento dos concellos e para a prestación de servizos municipais, sobre todo no caso dos máis pequenos, que son a gran maioría da nosa provincia”.

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...