HomesociedadeFolgoso do Courel demandará no Pleno acceso de calidade nos servizos de...

Folgoso do Courel demandará no Pleno acceso de calidade nos servizos de telefonía e internet

O Goberno local do Concello de Folgoso do Courel someterá a votación este venres, 1 de xullo, na súa sesión de Pleno ordinario unha moción para dotar de servizo de telefonía e internet a tódalas vivendas do Concello que o soliciten. Mentres a Deputación aprobaba por unanimidade esta semana unha moción do BNG coas mesmas demandas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na moción piden que o servizo non sexa máis custoso por ser un Concello de montaña, de xeito que dean o servizo aos mesmos prezos que nas cidades e garantan o acceso e calidade do servizo a tódolos usuarios. Tamén demandan que se garanta o servizo a todos os usuarios que dependían da rede de cobre que cortaron, como mínimo coa mesma calidade que xa existía.

Solicitan que o Goberno de España “teña en conta ás zonas rurais como as nosas no novo proxecto de Lei Xeral de Telecomunicacións que están a desenvolver para que teñamos os mesmos servizos nesta materia que o resto do territorio español”. Trasladarán os acordos a Telecomunicacións do Estado para que busque solucións e á Xunta de Galicia (Amtega) para que coñeza a situación.

Numerosos escritos e reclamacións

O equipo de Goberno explica que “as graves dificultades ás que nos vemos sometidos os concellos de montaña e en especial o noso á hora de recibir servizos de telefonía e internet de calidade, empúxanos a por novamente en coñecemento do Estado e Xunta as graves consecuencias que nos carrean quedar sen as tecnoloxías que permitan o acceso a internet, cobertura móbil ou incluso teléfono fixo con chamada de calidade”.

Precisan que, neste contexto e despois de paralizalo con numerosos escritos reclamacións no outono do ano 2021, a finais do pasado maio Movistar cerrou a única central que daba servizo de telefonía e internet por cobre aos pobos que discorren dende Quiroga ao cámping situado en Esperante, causando problemas aos veciños, xa que lles instalaron a telefonía fixa mediante ondas de radio causando numerosos cortes nas chamadas e deixando a un dos negocios turísticos máis grandes do Courel sen servizos de chamada e internet.

Anunciaron a chegada da fibra óptica a Seoane e Folgoso pero tamén apareceron novos problemas, como que non estenden a liña da fibra ata o cámping de Esperante, tal como estaba a liña de cobre que desconectaron, ou que a moitos dos usuarios que pedían a fibra, senón chega a mediar o Concello, non a instalaban aínda estando en Seoane ou Folgoso ou que á xente que so quería seguir conservando a súa liña fixa lle instalaban o servizo por ondas de radio sen garantir a calidade da chamada, o que produce numerosos cortes.

Explican ademais que despois de protestar en numerosas ocasións e de poñer en coñecemento a situación a todas as administracións, sen éxito, o Goberno local púxose en contacto con diferentes empresas “e estamos á espera dos seus informes para tratar de paliar os problemas ocasionados. Retroceder na calidade dos servizos ou non buscar alternativas solventes á fibra non é de recibo nos tempos que corren cando en moitas ocasións o traballo depende de ter ou non internet”, lamentan.

O BNG pide garantías de acceso á telefonía e Internet no Courel

Esta semana o Pleno provincial tamén aprobou por unanimidade a moción presentada polo BNG para esixir ao Estado e á Xunta de Galiza que garantan a calidade e a accesibilidade á telefonía fixa e á Internet a todas as vivendas das serras do Courel.

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, lembrou que a lexislación recolle o dereito de usuarias e usuarias “a unha conexión á rede telefónica pública desde unha localización fixa, que posibilite o acceso funcional a Internet, e acceder á prestación do servizo telefónico, así coma ao resto de prestacións incluídas no servizo universal, con independencia da súa localización xeográfica, a un prezo accesible e cunha calidade determinada”, que debe ser garantido polas administracións.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...