HomesociedadeMonforte sitúase en datos do paro de hai máis de 20 anos,...

Monforte sitúase en datos do paro de hai máis de 20 anos, baixando dos 1000 parados en xuño

A Secretaria de Acción Sindical de Comisións Obreiras Lugo valora moi positivamente o descenso do paro na zona sur xa que diminuíu en 65 persoas, situándose en 2086 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o sindicato destacan de forma especial o descenso do Concello de Monforte en 40 parados menos o que fixo posible baixar da cifra de 1000 persoas algo que non ocorría desde hai 255 meses, desde o ano 2001. Daquela na zona sue eran 3500 parados e CCOO congratúlase de que se reducira en 1500 persoas neste tempo.

Por comarcas os datos do paro no mes de xuño son:

Lemos

  • Bóveda 338 (+1)
  • Monforte 975 (- 40)
  • Pantón 84 (-3)
  • A Pobra do Brollón 56 (-7)
  • O Saviñao 127 (-5)
  • Sober 70 (-3)

Chantada

  • Carballedo 56 (-6)
  • Chantada 36 (-9)
  • Taboada 85 (+9)

Quiroga

  • Folgoso do Courel 36 (-3)
  • Quiroga 158 (+2 )
  • Ribas de Sil 40 (-1)

Desde Comisións Obreiras destacan tamén o gran dinamismo na comarca de Sarria cunha baixada do paro nas dous últimos anos de 421 persoas pasando de 1276 parados en xuño de 2020 a 855 no mesmo mes da 2022, cunha diminución en dous anos do 67%.

Sarria

  • O Incio 43 (-6)
  • Láncara 84 (-4)
  • Paradela 20 (-4)
  • O Páramo 27 (-3)
  • Samos 30 (-1)
  • Sarria 634 (-28 )
  • Triacastela 17 (-3)

Para a Secretaria de Acción Sindical estos datos demostran que a reforma laboral está a dar os seus froitos. Desde o sindicato ven moi positivo que os menores de 30 anos serán os máis beneficiados cos novos contratos indefinidos así como os fixos descontinuos.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...