HomesociedadeAsinada a concesión do Club Náutico Ponte do Sil

Asinada a concesión do Club Náutico Ponte do Sil

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, 5 de xullo, a concesión demanial da explotación do Club Náutico de Ponte do Sil, en Monforte de Lemos e fixo entrega das chaves aos novos adxudicatarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A concesión deste espazo é por dous anos, con posibilidade de dúas prórrogas anuais, é dicir, un máximo de catro anos. En Ponte do Sil o prezo é de 502,50€ ao mes, 6.030€ ao ano.

“Con este proceso de concorrencia pública non buscamos unha rendibilidade económica, senón social e turística. É un inomble situado nun enclave moi atractivo e o seu funcionamento enriquece a oferta turística da provincia, o que terá un impacto positivo para a economía e o emprego”, subliñou o Presidente.

Na cafetería do Club Náutico de Ponte de Sil, a Deputación desenvolveu recentemente un conxunto de obras de mellora e regularización das instalacións cun investimento de preto de 40.000€. Por unha banda, fixéronse as actuacións necesarias para instalar unha estación de depuración de augas e, por outra, colocouse unha plataforma elevadora para mellorar a accesibilidade neste lugar.

O Club Náutico Ponte do Sil está situado ao carón do embarcadoiro da Deputación, de onde parte unha das rutas en catamarán que a institución ten en funcionamento na Ribeira Sacra. Atópase nun lugar privilexiado con vistas ao río Sil, sendo o complemento perfecto para as persoas que desfrutan deste entorno fluvial.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...