HomesociedadeBóveda mellora o control de abastecemento de auga para favorecer o aforro

Bóveda mellora o control de abastecemento de auga para favorecer o aforro

O Concello de Bóveda comezou a implantación dun sistema de control e telemedida na instalación de abastecemento municipal de auga que vai favorecer un aforro do consumo para os veciños e veciñas ao posibilitar un control preciso das instalacións e a lectura dos contadores sen ter que ir fisicamente velos cada tres meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O novo sistema mellorará a eficiencia enerxética das instalacións de abastecemento coa instalacións de contadores de tecnoloxía moderna, logrando un maior control da instalación, un maior aforro no consumo de auga, unha mellora ambiental mediante a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera ao consumir enerxía no bombeo, así como un aforro económico importante.

O proxecto foi adxudicado á empresa, Ime Rodríguez S.L. por importe de 126.131,05 euros ao abeiro do Plan Único de Cooperación cos Concellos do ano 2021.

Vantaxes do novo sistema

  • Telemedida dos consumos, con descarga de datos periodicamente segundo o criterio do titular e coa periodicidade que se desexe.
  • Detección de avarías e problemas ao dispor de un sistema de comunicación que permite alarmas e avisos
  • Redución do consumo de auga potable por varios motivos:
  • Control da instalación coa posible instalación de contadores parciais que permita a detección de consumos excesivos ou non localizados.
  • Detección de avarías en tempos moi reducidos o que evita que se desperdicie auga por non ter detectada a avaría durante un longo período de tempo

Desde o concello aseguran que, “A solución que se propón permite mellorar o sistema de control das instalacións, o que conleva unha redución substancial do consumo de auga (redución dun recurso natural e dos consumos asociados, consumo enerxético e consumo de produtos químicos, redución das necesidades de mantemento das instalacións redución do desgaste das instalacións, …). Ademais, a redución do consumo de auga permite mellorar a calidade da mesma ao ter que tratar caudais menores.”

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...