HomesociedadePrómine Singular da D.O. Ribeira Sacra, tres anos sendo o Mellor Tinto...

Prómine Singular da D.O. Ribeira Sacra, tres anos sendo o Mellor Tinto de Galicia

Na tarde de onte facíase entrega dos premios da XXXIV Cata dos Viños de Galicia e Cata das Augardentes de Galicia e XI Cata dos Licores Tradicionais. Na cata dos Viños de Galicia a D.O. Ribeira Sacra obtivo 6 galardóns, entre eles por terceiro ano consecutivo o de Mellor Tinto de Galicia para Prómine Singular.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por terceiro ano consecutivo, un tinto da D.O. Ribeira Sacra, o viño Prómine Singular de Bodegas Petrón S.L. de Sober – Subzona de Amandi, conseguiu o galardón ao Mellor Viño Tinto de Galicia.

Reciben tamén premio como os mellores de Galicia na D.O. Ribeira Sacra:

  • Acio de Ouro Tinto, Estrela de D´Fran S.C., na categoría Viños de Colleiteiro e de pequenas adegas.
  • Acio de Prata Tinto, Prómine Singular de Bodegas Petrón S.L., na categoría Viños de Colleitas Anteriores.
  • Acio de Bronce Tinto, Finca La Capitana de Regina Viarum S.L., na categoría Viños de Elaboración con Madeira.

Ademais dos premios a nivel galego, dentro da categoría D.O. Ribeira Sacra resultaron galardoados:

  • Acio de Ouro Tinto: Prómine de Bodegas Petrón S.L.
  • Acio de Ouro Branco: Peza do Rei de Adega Cachín S.C.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...