HomesociedadeIII Festa da Cantarela en Paderne do Courel

III Festa da Cantarela en Paderne do Courel

As cantarelas ou chantarelas (Cantharellus cibarius, C. pallens e especies afíns), representan un dos cogomelos de maior valor comercial e gastronómico pola súa calidade e amplas posibilidades en cociña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cantarela é unha das especies máis representativas e frecuentes da biodiversidade fúnxica asociada aos soutos de castiñeiro, representando un potencial recurso e aproveitamento engadido a estes espazos emblemáticos de gran valor ecolóxico, cultural e económico na comarca de Courel e outros territorios de montaña.

A “III festa da cantarela” retoma anteriores edicións nun acto festivo de exaltación deste produto, do seu valor, calidade e posibilidades gastronómicas e comerciais, pero tamén da riqueza e beleza dos espazos naturais da comarca na que se atopa este cogomelo excepcional.

A Festa da Cantarela pretende poñer en valor e dar a coñecer un recurso e
aproveitamento asociado ao territorio, as súas características e múltiples posibilidades; ademais de promocionar, a través dun acto festivo turístico, o coñecemento da comarca e os seus valores naturais e culturais.

Programa do 9 de xullo en Paderne do Courel

  • 10:30. Ruta guiada por itinerarios naturais da contorna. Saída dende o centro de Paderne (aira do Quintairo).
  • 13:00 – 13:30 h. Inauguración da Festa.
  • 13:30 h. Degustación popular de tapas elaboradas con cantarelas, preparadas nas casas rurais do lugar e coa colaboración do cociñeiro Héctor López do restaurante España de Lugo.
  • 16:00 – 17:00 h. Representación de instrumentos de música de raíz con Xavier Blanco. Presentación da Fundación Legar para a preservación da música de raíz.
  • 17:00 h. Paseo ao alvar rehabilitado do Val Maior.

A Festa estará amenizada con música popular a cargo da “Foliada de
Bosende”

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...