HomesociedadeMargarita Rodríguez Otero, pregoeira das Festas Patronais de Monforte

Margarita Rodríguez Otero, pregoeira das Festas Patronais de Monforte

O Alcalde anuncia á pregoeira deste ano e xustifica a súa elección en que “é unha figura moi importante na historia recente de Monforte, e ademais creo que é unha persoa moi querida polos monfortinos e monfortinas, e estou seguro de que contribuirá co seu pregón a que moitos se animen a achegarse ata Monforte a disfrutar das nosas Festas”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Margarita Rodríguez Otero naceu en Monforte de Lemos en 1934. É Graduada Social e Técnica superior en Relacións Industriais pola Universidade de Alcalá de Henares. En 1977, fundou na súa localidade natal a Asesoría que leva seu nome, destacando ó longo dos anos a súa labor coma empresaria.

Foi vicepresidenta da Asociación de Mulleres Empresariais de Lugo (1975) e formou parte da primeira Xunta Xestora da Asociación de Empresarios de Lugo (1976).

Inicia a súa actividade política en 1979, coas primeiras eleccións democráticas, como candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía do Concello monfortino, saíndo elixida Concelleira. Segue neste posto en 1983,  no que ó compaxina co de Deputada provincial na Deputación de Lugo, sendo  a primeira muller en acadar este cargo en toda Galicia.

Nas eleccións de 1987 forma parte do goberno municipal como Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira de Cultura e Deportes. Durante a súa xestión, inaugurase a actual Casa da Cultura monfortina, en xuño de 1987.

Foi elixida Deputada Autonómica no Parlamento de Galicia, na III Lexislatura (1989). Nesta Cámara foi vicepresidenta da Comisión Institucional, Administración Xeral, Xustiza e Interior, vogal da Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego e portavoz na área de Xuventude.

No remate da lexislatura, reincorpórase o seu despacho profesional en Monforte, sendo especialista en asesoría fiscal e laboral. Unha vez xubilada, Margarita Rodríguez Otero, dedícase de cheo á investigación histórica, a súa gran paixón. 

Ten publicadas diversas obras, sempre relacionadas coa historia e a cultura de Monforte e de Galicia: os estudos históricos “Andrés García-Camba de las Heras, militar, político y escritor” e “Tierras de Lemos, historias, tradiciones y recuerdos”. E as novelas “Os documentos Fonterosa”, “El secreto del Almirante”, “Confidencial: eliminar al rey” (en galego e castelán), e “Unha xoia para o Kaiser” (en galego e castelán)

Impartiu conferencias en foros culturais e ten publicados mais de 100 traballos de investigación histórica en diversos medios, xornais e revistas especializadas. Colabora habitualmente coa “Revista Lucense de Creación poética Xistral” e ca Revista  “Anduriña” do Lar Galego de Sevilla. En decembro de 2006 foi nomeada Cronista Oficial de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...