Homesociedade“Os nachos e a pizza de polbo están triunfando”, Erik, xerente do...

“Os nachos e a pizza de polbo están triunfando”, Erik, xerente do novo Ruxe-Ruxe

Este establecemento é un clásico de Quiroga que volve abrir, pero neste caso como aposta persoal de Erik González, un emprendedor quirogués que lle deu unha nova imaxe e que confía firmemente no potencial da terraza e da espectacular grella que ten.

Publicado o

- Advertisement -

Ruxe-Ruxe, ademais dun grupo galego de Rock, é un establecemento hostaleiro de Quiroga, mítico por ser dende hai moitos anos o típico local total, que fai de bar restaurante durante o día e de sala de concertos e pub-discoteca pola noite. O local, que en vilas como Quiroga convértese case nun centro social, servía para quedar cos amigos e amigas; para arranxar o mundo e botar uns contos; para petiscar ou gozar do comer en abundancia; para celebrar encontros de amigos, de compañeiros/as de traballo ou reunións familiares; para ver actuacións en directo e tamén para tomarlle uns cacharros e bailar toda a noite.

Tras unha dura pandemia, na que o local estivo moitos meses pechado, este 2022 chegou unha nova xerencia interesada en darlle unha nova vida ao local. O pasado San Xoán celebrábase a apertura do novo Ruxe-Ruxe, xa con Erik González ao fronte da aventura, e segundo sabemos foi todo un éxito. Había ganas de volver ao Ruxe e curiosidade por saber quen e como vai sacar adiante este novo proxecto en Quiroga.

Cando lle preguntamos a Erik por esta aposta dinos que “a cousa empezou como unha broma e ao final lieime, fixen un proxecto e cheguei a un acordo cons propietarios do local para mercalo”.

Erik González / XdL

A súa idea partía de cambiar o ambiente do Ruxe, darlle unha nova imaxe e que se vise como un restaurante novo. Sen perder as posibilidades do local como pub a prioridade actual para Erik e o seu equipo é darlle preferencia a comer ben e a gusto, “que haxa un ambiente aberto e propicio tamén para familias con nenos”.

Zona de bar-pub con billar, dardos e futbolín. Foto: Chery

Sen perder as posibilidades do local como pub a prioridade actual para Erik e o seu equipo é darlle preferencia a comer ben e a gusto

Neste sentido, o novo Ruxe-Ruxe estalle dando un impulso á grella e ás racións sen esquecer as ensaladas, as pizzas e os bocatas. “Imos potenciar a que consideramos unha das mellores parrillas da zona”, sinala Erik ao tempo que expresa a ledicia que sente vendo que o comezo está sendo espectacular. Dende a apertura en San Xoán a resposta dos clientes está sendo moi boa. “A xente dános a noraboa e di que a comida está exquisita, temos moi boas reseñas en google e xa notamos tamén que nos chega xente de sitios como O Barco, A Rúa ou Monforte”.

A terraza. Foto: Chery

Segundo refire o anfitrión, o obxectivo é dar a imaxe de limpeza, de calidade do produto e das elaboracións e potenciar a terraza, un lugar moi acolledor e que coa reforma gañou bastante espazo. Erik lembra tamén que todas as elaboracións son propias. Preguntamos xa por algunha suxestión da casa e dinos “os nachos e a pizza de polbo están triunfando”.

“A xente dános a noraboa e di que a comida está exquisita, temos moi boas reseñas en google e xa notamos tamén que nos chega xente de sitios como O Barco, A Rúa ou Monforte”

EQUIPO DE TRABALLO E CARTA

Almudena é a responsable de cociña e catro persoas máis están contratadas para sacar adiante o novo Ruxe-Ruxe de mércores a domingo, días de apertura do establecemento.

Refire Erik que é unha aposta forte en contratación pero hai que facela para dar un bo servizo. Ademais, todo o persoal contratado é da comarca, “a miña intención sempre foi contratar xente da zona”.

No que respecta á carta pódese atopar unha ampla oferta de racións, táboas de embutidos e queixos, nachos, hamburguesas e bocatas; e tamén pizzas, ensaladas e sandwiches. Como punto forte, aproveitando o potencial da grella, ofrécese tamén churrasco, chuletón, entrecot, brocheta de verduras e peituga de polo marinada. Todo o que figura na carta pode pedirse para levar, desaconsellando Erik neste caso todo o que pase pola grella.

O horario de verán é de 12:30 a 16:30 h. polas mañás e de 20:00 a peche polas tardes-noites. Para reservas, principalmente redes sociais e teléfono 982 091909.

Zona de terraza, con espazos lounge. Foto: Chery

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...