HomesociedadeFalece Aida Menéndez, a nai do Camiño de Inverno

Falece Aida Menéndez, a nai do Camiño de Inverno

Despois de levar uns meses nun estado de saúde delicado, Aida Menéndez finaba este mércores en Ourense aos 69 anos de idade. A misa de funeral da que era Presidenta da Asociación Camiño de Inverno celebrarase na igrexa parroquial de San Lourenzo de Piñor, este xoves, día 14, ás oito da tarde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aida Menéndez Lorenzo naceu en Ourense, pero desenvolveu unha intensa actividade que a vinculou con Monforte como concelleira de cultura no goberno de Nazario Pin e tamén como profesora en varios centros de Monforte, o último o IES A Pinguela onde se xubilou para adicarse de pleno ao que foi a súa grande paixón desde hai máis de 25 anos, o Camiño de Inverno.

Impulsora e divulgadora do Camiño de Inverno, Aida Menéndez vía o resultado do seu traballado e implicación cando no 2016 se recoñecía oficialmente esta nova ruta. Hai menos dun ano comparecía en público por última vez para anunciar novas andainas promocionais polo Camiño de Inverno que organizaba a asociación que preside.

A directiva da Asociación Camiño de Invierno por Ribeira Sacra facía público este comunicado: “Con moita pena e tristura comunicámosvos que a nosa querida amiga e presidenta da Asociación Camiño de Inverno, faleceu hoxe en Ourense. A misa de funeral celebrarase na igrexa parroquial de San Lourenzo de Piñor, mañá día 14 ás oito da tarde. O tanatorio está situado na mesma contorna da igrexa. A Asociación organizará unha misa de funeral en Monforte en datas próximas das que informaremos no seu momento”.

O Concello de Monforte tamén manifesta a súas condolencias polo falecemento de Aida Menéndez Lorenzo, “Queremos mostrar o noso agradecemento pola súa dedicación como Concelleira de cultura dende o ano 1996 ao 2003, e sobre todo polo traballo levado a cabo como Presidenta da Asociación do Camiño a Santiago pola Ribeira Sacra”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...