HomesociedadeCombo Dominicano e Panorama, xuntas nas Festas de Escairon

Combo Dominicano e Panorama, xuntas nas Festas de Escairon

O Concello do Saviñao vén de pechar o programa de festas patronais que terán lugar entre o 5 e o 9 de agosto. Tamén estará en Escairón o cantante Bustamante e, como non, os Gin Toni’s.

Publicado o

- Advertisement -

Pechados xa todos os detalles do programa de festas de Escairón nun cartel espectacular no que destacan, por exemplo, orquestras top de Galicia, o grupo Gin Toni’s e o cantante Bustamante.

Escairón, capitalidade do Concello do Saviñao, prepárase xa para as grandes festas do verán e do ano, festexos na honra da Virxe  das Dores, que comezarán o día 5 e rematarán o 9 de agosto.

PROGRAMA

O venres 5 de agosto, primeiro día de festexos, haberá un festival de charangas e actuarán as orquestras Europa e CLK.

Chegando ao sábado 6 terá lugar a X Carreira Popular do Saviñao na que se abre a inscrición en diferentes categorías, tendo a absoluta un percorrido de 8 quilómetros. Para anotarse, con data límite o 4 de agosto, os e as interesadas poden facelo a través do correo deportes@concellodosavinao.com. A saída da carreira comezará ás 11:00 h. para as categorías inferiores e ás 12:00 para os e as que compitan na absoluta.

E pola noite, festa total coa actuación de Bustamante e verbena a cargo da orquestra Punto Clave.

O domingo 7, como non, Misa solemne ás 13:00 h. e procesión con pasarrúas do grupo tradicional local Os Tarabelos e sesión vermú a cargo da banda de música de Muimenta. Xa pola noite, concerto dos Gin Toni’s e verbena a cargo da orquestra Solara.

Cartel Gin Toni’s / Grupo

Para o luns hai que anotar para os máis pequenos a Festa da Escuma ás 17:00 h. con inchables de balde no Campo da Lama e ambientación da charanga Os Centellas. Pola noite, orquestras Charleston Big Band e Saudade.

E como pasa en moitos casos, o mellor, a guinda do pastel, a traca final, queda para o peche dos festexos. O martes, 9 de agosto, ademais da charanga Union Phenosa, hai unha cita obrigada coa ‘Carreira de burros’ ás 12:00 h. e cómpre prepararse moi ben para o que chega pola noite: nunha mesma verbena estarán as orquestras Combo Dominicano e Panorama… quen dá máis?

Carreira de burros Escairón 2019 / Concello O Saviñao

ÚLTIMAS

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...

Taboada celebra Raizames, encontro sobre a cultura do viño

O programa inclúe catas e degustacións; a proxección do documental Taboada, de Ribeira a...

“Profetas”, este 26 de maio no Auditorio Municipal de Quiroga

Elea López e Carlos Rebolo, fundadores da compañía luguesa, Ítaca Teatro, son os protagonistas...

O BNG do Saviñao interésase pola instalación dunha planta de biogás en Sanxumil

En palabras do portavoz nacionalista, “Queremos saber se hai algunha solicitude de permisos, prospeccións...