HomesociedadeGoyo Jiménez actuará en Sarria

Goyo Jiménez actuará en Sarria

Abrirá a primeira edición do festival multidisciplinar 'Ultreia et Suseia' que conta co importante apoio económico da Xunta, Xacobeo 21-22, Concello e Oficina de Turismo de Sarria.

Publicado o

- Advertisement -

‘Ultreia et Suseia’ vén dalgún xeito a fusionar dous eventos que se celebraron estes últimos anos en Sarria: o ‘Sarria Sorrí’ e o “Narra Sarria”, dous ciclos de humor e narración oral respectivamente.

O proxecto da produtora local Etiqueta Negra concentra así, nun mesmo evento, espectáculos de comedia, concertos, artes escénicas e charlas.

Este venres, 22 de xullo, chega a Sarria o humorista Goyo Jiménez que actuará no Auditorio Meigas e Trasgos ás 21:30 h. As entradas para a actuación están dispoñibles en Ataquilla e de maneira física no establecemento O Meigallo.

Este monologuista é actualmente un dos cómicos máis recoñecibles do panorama da stand-up comedy do estado español cunha dilatada traxectoria profesional e cun amplo seguimento de público nos seus espectáculos. Tamén destaca no labor de guionista e actor –traballou en programas producidos por José Mota–, e de presentador de televisión. Neste último apartado é o protagonista do programa “Un país para reirlo” que este 2022 emitiu a súa segunda tempada en RTVE.

ÚLTIMAS

De Vacas, Beret, Ráfaga, Miss Cafeína e Marlon actuarán nas Patronais de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, e...

Courel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica do concello

Lembran que os días que non hai médico en Seoane, o centro médico máis...

Por Chantada esixe actuación municipal fronte aos proxectos de baterías Belesar I e II

Por Chantada – Interior Galego Vivo defenderá no Pleno ordinario do próximo 28 de...

“Risas con perspectiva feminista” en Sarria

O Concello de Sarria acollerá este domingo 24 de maio un espectáculo de humor titulado “Risas con...