HomesociedadeElexidas as 10 ideas finalistas do Semente Ribeira Sacra

Elexidas as 10 ideas finalistas do Semente Ribeira Sacra

O 12 de novembro, pola mañá, os finalistas defenderán as súas propostas ante o xurado que, trala deliberación, dará a coñecer ós gañadores

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os seleccionados teñen de prazo ata o vindeiro 30 de setembro para presentar o proxecto rematado achegando os arquivos en formato PDF a través do formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

O xurado da VIII edición do Concurso de Proxectos Empresariais
Semente Ribeira Sacra
seleccionou as seguintes ideas finalistas:

  • Lácteos Ribeira Sacra. Comercialización de produtos propios.
  • Energhius: Smarth energy harvesting. Tecnoloxía para dotar de enerxía dispositivos loT.
  • TOXO. Laboratorio cosmético.
  • FungiGal: produción de fungos comestibles.
  • Peral Project. Novas tecnoloxías para o benestar das persoas maiores.
  • A Maruxiña. Granxa de galiñas en ecolóxico e centro de interpretación.
  • Elaboración sostible de tepes para xardinaría.
  • As barricas da Ribeira. Aloxamento turístico en barricas.
  • Casa Do Curuxo. Aloxamento e bodega, economía circular.
  • Beniu Soluciones. Tratamentos fitosanitarios con drons.


O 12 de novembro, pola mañá, os finalistas defenderán as súas propostas ante o xurado que, trala deliberación, darán a coñecer ós gañadores. Xa pola noite celebrarase a gala de entrega de premios.

A dotación económica dos premios desta edición é:

  • 1º premio: 10.000€
  • 2º premio: 5.000€
  • 3º premio: 3.000€

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...