HomesociedadeQueres participar como Cabezudo e Xigante nas Festas Patronais de Monforte 2022?

Queres participar como Cabezudo e Xigante nas Festas Patronais de Monforte 2022?

O Concello de Monforte abre o prazo para que as persoas que desexen participar como cabezudos e xigantes nas Festas Patronais 2022 realicen a pertinente inscrición nas oficinas do rexistro municipal, situadas na Casa do Concello, entre as 9:00 e as 14:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Se o número de inscricións supera ó número de prazas ofertadas, abrirase unha lista de reserva co fin de chamar a persoas desa lista pola orde na que figuren nela no caso de que se produza a imposibilidade de realizar o percorrido nas datas deste ou nalgunha delas por parte dalgunha das persoas con praza.

Os cabezudos percorrerán as rúas do centro da cidade o domingo, 14 de agosto en horario matinal.

Esta actividade terá remuneración económica de 25€ e para poder participar nela, ademais de realizar a inscrición no rexistro, haberá que ser maior de idade ou, no caso de ser menor, contar coa preceptiva autorización dos pais ou titores.

Xunto coa solicitude a persoa solicitante deberá presentar copia do seu Documento Nacional de Identidade e no caso de ser menor ademais da autorización dos pais ou titores debe achegarse tamén a fotocopia do DNI da persoa que autorice a participación da persoa solicitante.

ÚLTIMAS

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...