HomesociedadeRemata en Sarria o obradoiro Camiño de Santiago II

Remata en Sarria o obradoiro Camiño de Santiago II

A Xunta de Galicia entrega os seus diplomas aos alumnos do obradoiro de emprego Camiño de Santiago II, promovido polo Concello de Sarria e financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con 347.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no acto xunto co alcalde, Claudio Garrido. Arias sinalou que o taller contou con 20 prazas e impartiu a especialidade de pavimentos e albanalería de urbanización.

O alumnado tivo acceso a un contrato de traballo durante os nove meses de duración da actividade, que incluíu formación teórica e práctica. “Os obradoiros teñen a dobre vantaxe de ser unha ferramenta idónea para a inserción laboral de persoas desempregadas ao tempo que axudan a mellorar infraestruturas e servizos públicos municipais”, subliñou.

No caso de Sarria, explicou que os participantes traballaron no acondicionamento e pavimentación da ruta xacobea ao seu paso polos núcleos de Perros e Aguiada, na parroquia de Calvor. Así, remarcou a contribución desta iniciativa “para seguir avanzando na potenciación do Camiño de Santiago, que xoga un papel fundamental na dinamización económica da nosa provincia, especialmente nas zonas rurais”.

Anunciou ademais que a Consellería está a piques de notificar as concesións da nova convocatoria de obradoiros duais que permitirá formar unhas 1.600 persoas en Galicia con dúas grandes novidades: un incremento do orzamento do 23%, superando así os 42 millóns de euros, e un maior período de formación do alumnado, pasando dos 9 aos 12 meses de duración.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...