HomesociedadeOs concellos recuperan competencias en materia de violencia de xénero e recibirán...

Os concellos recuperan competencias en materia de violencia de xénero e recibirán máis fondos

A subdelegada do goberno en Lugo, Isabel Rodríguez enviou comunicación aos 67 concellos da provincia informando do cambio lexislativo co que o Goberno devolve competencias e traspasa fondos á administración local para loitar contra a violencia de xénero.

Publicado o

- Advertisement -

Recentemente aprobouse o Real Decreto-Lei de medidas urxentes para o desenvolvemento do pacto de estado contra a violencia de xénero. Segundo a subdelegada do goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, este decreto devolve aos concellos as competencias en materia de igualdade e violencia contra a muller, fortalece a tutela xudicial, o acceso á xustiza e aos recursos de asistencia ás vítimas de xénero.

Esta devolución de competencias á Administración Local supón tamén a transferencia de recursos económicos. Os fondos destinados aos programas dirixidos a erradicar a violencia de xénero para os Concellos (20 millóns de euros no presente exercizo e 40 millóns de euros en 2019), distribuiranse vía transferencia finalista e directa, ou a través doutras Entidades Locais, tal e como apunta, Isabel Rodríguez.

Os criterios de distribución dos fondos será o seguinte:

  • Unha cantidade fixa de 689 euros por Concello
  • Unha cantidade fixa por importe de 0,18 euros por habitante, no presente exercizo e tomando como referencia os habitantes de dereito ao 1 de xaneiro de 2017
  • O remanente que exista despois de aplicada a anterior repartición, distribuirase proporcionalmente entre todos os municipios incorporados ao Sistema de Seguemento Integral de Violencia de Xénero (VIOGEN)

Os 67 concellos recibirán máis de 106.000 euros e no exercizo de 2019 máis do dobre. A esa cifra engadirase o remanente que recibirán os que se integren no programa Viogen.

A mediados deste mes de setembro tíñanse rexistrado na provincia, 466 casos de violencia de xénero activos, 251 deles cun nivel de risco non apreciado, 181 de risco baixo, 32 catalogados como risco medio, 2 de risco alto e ningún considerado de risco extremo.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel da XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón que se celebrará do 9 ao 11 de maio

O cartel destaca as tres ribeiras de Pantón, a do Miño, a do Sil...

Inscricións abertas para o Quiroga Bike Marathon que se celebra en setembro

O recorrido do Quiroga Bike Marathon levará aos  ciclistas a unha espectacular paisaxe pasando...

Novo parque infantil e zona de horto no colexio de Samos

O deputado de Rural e Mocidade, Daniel García, coñeceu no CEIP de Samos, as...

Os centros de ensino de Monforte levan a escea as súas pezas teatrais no mes de maio

O XXXII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte contará con...