HomesociedadeCordeiro e queixo no Saborea a túa provincia en Chantada

Cordeiro e queixo no Saborea a túa provincia en Chantada

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este domingo en Chantada no programa Saborea a túa provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os asistentes a esta xornada gastronómica e de lecer gratuíta, impulsada pola Deputación de Lugo, aprenderon a elaboración de gyozas de cordeiro e queixo azul de Airas Moniz, da man do cociñeiro Bruno Pena, e degustaron produtos de proximidade. Durante a xornada, que estivo amenizada por Meigas e Trasgos e Atlántica, os máis pequenos cociñaron o seu propio prato.

Saborea a túa provincia consolida o modelo de turismo de calidade, sostible, de experiencias, con capacidade para atraer visitantes todo o ano e que contribúe a crear riqueza e a crear emprego no que traballa a institución provincial.

Tras o seu paso por Pantón e Chantada esta fin de semana, a Deputación de Lugo, levará ata o 2 de setembro o autobús cociña polos concellos de Taboada, Trabada, O Valadouro, Vilalba, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Pol.

ÚLTIMAS

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...