Homesociedade"Un goberno sindicalista vai levar ao colapso do SAF", asegura CCOO sobre...

“Un goberno sindicalista vai levar ao colapso do SAF”, asegura CCOO sobre o recurso presentado polo concello de Monforte

A Secretaria de Acción Sindical de CCOO Lugo lamenta a decisión do alcalde de Monforte e o seu grupo municipal de recorrer a sentenza do Tribunal Administrativo de contratación pública "con argumentos feitos á carta con escaso percorrido xudicial."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

CCOO pregúntase como o alcalde e o seu grupo “que din ser socialistas votan contra contra un dereito das traballadoras para ter un convenio digno e unha subida salarial do 6,5% (IPC ano 2021) con sentenzas do TSJ de Galicia.”

O sindicato asegura non entender “os intereses espurios dun equipo de goberno conformado por un 80% de sindicalistas dos distintos sectores de Monforte (sanitarios, agrarios, educación, servizos)”.

A Secretaria de Acción Sindical considera que o pleno do pasado día 26 xullo “vai pasar aos anais da historia do municipalismo da provincia para quedar retratados os concelleiros sindicalistas por ir en contra dunhas traballadoras esenciais ás que lle pedirán o voto nas próximas eleccións municipais dentro de 10 meses”. Remata o sindicato lembrándolle a Tomé que o recurso que plantexa o concello “vai levar a un colapso do SAF”.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...