Homesociedade20.000€ da Deputación para xestión e actividades no MUFERGA

20.000€ da Deputación para xestión e actividades no MUFERGA

A Deputación de Lugo destina 20.000€ ao impulso do Museo Galego do Ferrocarril (MUFERGA), situado en Monforte de Lemos, como motor turístico da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta colaboración económica destínase a sufragar gastos correntes de xestión e de actividade do museo, “enmárcase no firme compromiso que a Deputación ten coa difusión e a posta en valor da nosa cultura, a historia e o patrimonio, tanto material como inmaterial, e aproveitar toda esa riqueza para impulsar a economía, o sector hostaleiro, o comercio e o turismo”.

O MUFERGA foi inaugurado no ano 2001 e está xestionado pola Fundación dos Ferrocarrís de Galicia, da que é patroa a Deputación de Lugo. Nel desenvólvense proxectos para a exhibición pública do parque móbil ferroviario cun alto valor e interese turístico e cultural, “tanto as instalacións como o propio material que atesoura convérteno nun dos museos vivos máis importantes do país, visitado anualmente por multitude de turistas nacionais e internacionais”, indica o mandatario provincial. Entre as súas actividades destacan as visitas guiadas e o percorrido que se realiza polo complexo nun tren de pequenas dimensións, dous atractivos que son moi apreciados polos visitantes.

“O museo dispón dun gran potencial para dinamizar o noso turismo, a nosa cultura e a vida social de Monforte e da provincia, e debemos velo como unha excelente oportunidade para continuar avanzando para posicionarnos como un destino turístico estrela fóra dos meses estivais”, afirma o Presidente. 

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...