HomesociedadeAmplíase ata o 11 de agosto o prazo para inscribirse como Xigante...

Amplíase ata o 11 de agosto o prazo para inscribirse como Xigante e Cabezudo para as Patronais de Monforte

O Concello de Monforte amplía o prazo para que as persoas que desexen participar como cabezudos e xigantes nas Festas Patronais 2022, ata este xoves 11 de agosto. Inscricións nas oficinas do rexistro municipal, situadas na Casa do Concello, entre as 9:00 e as 14:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello dispón aínda de prazas para realizar esta actividade e asignarase por rigorosa orde de inscrición. Os cabezudos percorrerán as rúas do centro da cidade o domingo 14 de agosto en horario matinal.

Esta actividade terá remuneración económica de 25€ e para poder participar nela, ademais de realizar a inscrición no rexistro, haberá que ser maior de idade ou, no caso de ser menor, contar coa preceptiva autorización dos pais ou titores.

Xunto coa solicitude a persoa solicitante deberá presentar copia do seu Documento Nacional de Identidade e no caso de ser menor ademais da autorización dos pais ou titores debe achegarse tamén a fotocopia do DNI da persoa que autorice a participación da persoa solicitante.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...