HomesociedadeEn marcha as obras da estrada provincial que une O Páramo coa...

En marcha as obras da estrada provincial que une O Páramo coa Pobra de San Xiao

A Deputación de Lugo desenvolve estes días as tarefas de aglomerado da estrada que une a Pobra de San Xiao co Páramo, a LU-P-4304, nas que as institución máis de 355.000€. As obras execútanse entre os puntos quilométricos 5,2 e 5,4, e tamén no tramo antigo da LU-P-2904.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto consiste no movemento de terras necesario para escavar a zona das beirarrúas, tamén na pavimentación de aglomerado en quente, faranse beirarrúas de formigón, e dotarase de sinalización e de alumeado público. Así mesmo, tamén se mellora a rede de abastecemento de augas e a rede de pluviais. O prazo de execución estimado é de 6 meses.

Estas dúas estradas provinciais son de gran utilidade social, xa que discorren polo núcleo principal do Concello do Páramo e son o nexo de unión de diferentes servizos como o colexio, a feira, o banco, locais de hostalería ou o centro de saúde, entre outros. Actualmente, non existían beirarrúas neste lugar, polo que as obras servirán para que tanto peóns coma os vehículos gañen en seguridade viaria.

Estas obras son significativas para esta comarca, xa que as actuacións redundarán directamente no obxectivo que se marca a institución de camiñar cara o equilibrio territorial, imprescindible para o futuro do rural lucense.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...