HomesociedadeExtinguido o incendio de Torbeo e estabilizado o de Frontón

Extinguido o incendio de Torbeo e estabilizado o de Frontón

Ás 22:18 deste martes quedaba extinguido o incendio que comezaba o pasado domingo en Torbeo e que afectou a 47 hectáreas no concello de Ribas de Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Das 47 hectáreas ardidas en Torbeo, 27 son de monte arborado e 20 de monte raso. Participaron neste incendio 31 axentes, 56 brigadas, 29 motobombas, 2 pas, 4 avións e 11 helicópteros.

O incendio de Frontón, no concello de Pantón, comezaba ás 22:39 deste domingo e segundo a información de Medio Rural, está estabilizado despois de queimar 25 hectáreas.

Participan nas tarefas de extinción 2 técnicos, 13 axentes, 45 brigadas, 23 motobombras, 2 pas e 7 helicópteros.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...