HomesociedadeControlado o incendio de Frontón en Pantón

Controlado o incendio de Frontón en Pantón

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello lugués de Pantón, parroquia de Frontón, quedou controlado ás 11,20 h. deste xoves.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O lume -que se iniciou o pasado luns ás 22,39 h. da noite en varios focos- afecta a unha superficie dunhas 25 hectáreas, segundo as últimas estimacións. No lugar levan traballado para o seu control un total de 2 técnicos, 16 axentes, 60 brigadas, 29 motobombas, 2 pas e 7 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...