HomesociedadeEscairón celebra o 28 de agosto a Feira do Cabalo

Escairón celebra o 28 de agosto a Feira do Cabalo

Pilar García Porto felicitou aos organizadores polo seu traballo e invitou á veciñanza da provincia a achegarse o domingo a Escairón “para gozar de todas as actividades que nos teñen preparadas dende a Asociación de Cabaleiros do Saviñao, e tamén das paisaxes, do patrimonio e da xente deste concello”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Feira do Cabalo de Escairón comezará ás 9:00 horas do día 28 de agosto coa apertura do Mercado Gandeiro da localidade para os participantes das carreiras de andadura, a ruta cabalar e o concurso morfolóxico, que terán lugar pola mañá.

Xa en horario de tarde serán as carreiras de galope, xincanas e o espectáculo ecuestre a cargo de Duende Ecuestre, que será ás 19:00 horas. Durante toda a xornada entregaranse premios aos mellores equinos nas categorías de andadura, morfolóxica, galope e xincana e sortearase un poldro.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentaba a cita no Pazo de San Marcos. No acto participaron membros da organización, Judith López e Marcos Varela,  da Asociación Cabaleiros do Saviñao, coa que colabora a institución provincial cunha aportación económica de 2.500€ para a celebración da cita.

García Porto destacou a importancia desta feira para “visibilizar o gran peso que ten na provincia o sector primario e potenciar esta actividade, que é fundamental para a economía e para o emprego e, polo tanto, para fixar poboación e para o futuro do noso rural”.

A Deputación apoia a celebración desta xornada porque, “precisamente, apoiar e potenciar o sector primario, da man dos propios produtores e do tecido asociativo, ademais de promover un tipo de turismo de calidade, sostible, que coida o noso patrimonio e que deixa valor no territorio, son dúas das liñas de traballo prioritarias que estamos desenvolvendo dende a Deputación de Lugo”, explicou a Deputada.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...